ÍndiceÍndice  CalendarioCalendario  FAQFAQ  BuscarBuscar  MembrosMembros  Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios  RexistrarseRexistrarse  Login  

Comparte | 
 

 V TRIATLON DA AMIZADE (V. da Cerveira, 25.09.2011)

Ir abajo 
AutorMensaxe
Julmountain
Admin
Julmountain

Cantidade de envíos : 831
Fecha de inscripción : 06/04/2009
Edad : 49
Ubicación : Moana

EnvíoAsunto: V TRIATLON DA AMIZADE (V. da Cerveira, 25.09.2011)   Mer Ago 24, 2011 10:54 pm

V TRIATLON DA AMIZADE - CPTO GALEGO TRÍATLON CROSS 2011

NORMATIVA
1. O Cpto Galego do 2011 celébrase (conxuntamente coa V Edición do Tríatlo da Amizade) entre Tomiño e Vilanova de Cerveira.
2. Haberá polo tanto unhas categorías para a “V Edición do Triatlo da Amizade”, así como uns premios económicos e outras categorías e premios específicos para o Cpto Galego de Tríatlon Cross 2011. Polo tanto os triatletas galegos/as optan a dous premios diferentes.
3. Categorías para o Cpto Galego de Tríatlon Cross:
Júnior (M e F)
Absoluta (M e F)
Veteráns (M e F)
4. Haberá trofeos para os/as tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría.
5. Premios económicos: os tres primeiros clasificados masculinos e as tres primeiras clasificadas femininas recibiran, respectivamente, 150, 100 e 50 euros.
6. O custo da inscrición para esta proba é de 15 euros para federados e para non federados.
7. Os non federados non optan nin os trofeos nin os premios económicos do Cpto Galego de Tríatlon Cross, si optan os premios da V Edición do Triatlo da Amizade.
8. É obrigatorio que acudan os deportistas individualmente ou cando menos un representante de cada club a reunión técnica o día 25 ás 12:00horas (hora galega) que se celebrará en Vilanova de Cerveira, na Biblioteca Municipal. Media hora despois do inicio desta xuntanza, nunha carpa situada a poucos metros entregaranse dorsais e gorros ós participantes e /ou delegados de club (non se entregarán despois, en ningún momento dorsais ós participantes).
9. Hora de comezo da competición: ás 16:30 horas (hora galega), 15:30 horas (hora portuguesa).
Entradas nas Áreas de Transición: 1ª Transición no embarcadoiro de Vilanova de Cerveira, entrada para deixar a bicicleta de 14:00 a 15:00 horas (hora galega).
2ª Transición no embarcadoiro de Goián (Tomiño) de 15:00 a 16:00 horas (hora galega).
Cámara de chamadas: 16:15 horas (hora galega), na Praia de Goián (Tomiño) a 300 m do parque de transición nº2.
Para pasar de Vilanova de Cerveira a Tomiño haberá a disposición dos deportistas un barco que estará en funcionamento continuo de 14:00 a 15:30 horas. De non utilizar este medio cada un terá que ir polos seus propios medios, non é recomendable pasalo río a nado para ir dunha orilla a outra. Non se pode utilizar este medio de transporte para levar as bicicletas.
10. O control e arbitraxe da competición correrá a cargo dos xuíces da Federación Galega de Tríatlon.
11. Haberá un agasallo para tódolos deportistas que rematen a competición.
12. Haberá froita e bebida para os deportistas ó final da competición.
13. Entrega de premios: será no embarcadoiro de Goián sobre as 18:30 horas (hora galega), comenzando os premios pola V Edición do Triatlo da Amizade e seguindo polos do Cpto Galego de Tríatlon Cross. É imprescindible estar presente para recibir o premio.
14. Distancias da Proba: Natación 750m(atravesar o río).- BTT 17,4 Km. (3 voltas)- Carreira 4,5Km (4 voltas).


II TRIATLO DA AMIZADE CATEGORÍAS MENORES (CPTO GALEGO DA MODALIDADE).

NORMATIVA
1. Categorías:
Alevín: anos 1999 e 2000
Infantil: anos 1997 e 1998
Cadete: anos 1995 e 1996
2. Distancias:
Alevín: 100 m-2 Km-500 m
Infantil: 300 m-4 Km-1000 m
Cadete: 500 m-6 Km-2000 m
3. A bicicleta será de montaña ou mixta, non se autoriza bicicleta de estrada.
4. Horario:
A proba comezará ás 12:00 horas no embarcadoiro de Goián. Toda a competición desenrolarase dentro dos límites do Concello de Tomiño.
5. A entrega de gorros e dorsais será de 11:15 ás 11:40 horas no embarcadoiro de Goián. A entrada a boxes será de 11:30 ás 11:45 horas para a primeira competición que será a categoría cadete.
6. Haberá medallas para os/as tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría.
7. A cronometraxe da proba correrá a cargo do Colexio de Xuíces da Federación Galega de Tríatlon.
8. A inscrición é gratuíta para tódolos triatletas portugueses e galegos federados.
9. O custo da ficha de un día para os non federados será de 12 euros.





PRAZO DE INSCRICIÓN (triatletas galegos):

Dende o 5 ó 19 de setembro

Forma de inscrición:
A inscrición realizarase on-line, a través da web da Federación Galega de Tríatlon www.fegatri.org , no apartado Competicións /Inscricións.

Federados:
Unha vez na carreira accederán cos códigos xa enviados a clubs e independentes no apartado inscricións á dereita da mesma.

A inscrición formalízase enviando o xustificante de pagamento a nome do club por fax 982109800 ou mail fegatri@hotmail.com.
Prezo 15 €.
Cadetes, Infantiles e Alevíns (gratuíta)

"Federados con licencia de otra comunidad que no hayan abonado la inscripción de participación en los circuítos, deberán enviar el formulario de solicitud de invitación que pueden descargar de nuestra web a continuación indicamos el enlace http://www.fegatri.org/images/fegatri/solciitude%20invitacion%20corredores%20outras%20comunidade.pdf "
Una vez que la Federación autoriza la participación el deportista procederá a la formalización de la inscripción enviando el justificante del ingreso de la cuota por fax 982109800 o mail fegatri@hotmail.com

Licenzas 1 día:
Unha vez que acceda á carreira , realizarase a introducción de tódolos datos no formulario de inscrición que se abre á dereita da carreira (inscricións de licenzas de 1 día)
Formalizarase enviando (Copia do DNI e Xustificante de pagamento ó seu nome) ó fax 982109800 ou mail fegatri@hotmail.com (Custe licenza de 1 día de 12€+ 3€ Inscrición ) total ingreso 15€. (cadetes, infantiles e alevíns non federados só aboarán os 12€ de licenza de 1 día)

O pagamento farase no Nº de conta da Federación Galega de Tríatlon e P.M.:
La Caixa 2100 2335 59 0200088978

Unha vez pechado o prazo de inscrición estas non admiten modificacións.


Enlace coa Federación Portuguesa de Triatlo para ver o regulamento: http://www.federacao-triatlo.pt/index.php?option=com content&task=view&id=24&Itemid=84
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://morrazoalternativo.forogaliciano.com
cincopuntas

cincopuntas

Cantidade de envíos : 264
Fecha de inscripción : 06/04/2009
Edad : 43
Ubicación : moaña

EnvíoAsunto: Re: V TRIATLON DA AMIZADE (V. da Cerveira, 25.09.2011)   Dom Set 11, 2011 11:45 pm

estou inscrito...animarse
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
 
V TRIATLON DA AMIZADE (V. da Cerveira, 25.09.2011)
Volver arriba 
Páxina 1 de 1

Permisos de este foro:Non pode responder a temas neste foro
 :: Triatlón no Morrazo-
Cambiar a: