ÍndiceÍndice  CalendarioCalendario  FAQFAQ  BuscarBuscar  MembrosMembros  Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios  RexistrarseRexistrarse  Login  

Comparte | 
 

 III DUATLÓN CROSS MÁMOA DE CANDEÁN VIGO (05.02.2012)

Ir abajo 
AutorMensaxe
Julmountain
Admin
avatar

Cantidade de envíos : 831
Fecha de inscripción : 06/04/2009
Edad : 49
Ubicación : Moana

EnvíoAsunto: III DUATLÓN CROSS MÁMOA DE CANDEÁN VIGO (05.02.2012)   Ven Xan 20, 2012 6:39 am

III DUATLÓN CROSS MÁMOA DE CANDEÁN VIGO
2ª PROBA DO CIRCUÍTO GALEGO DE DUATLÓN CROSS 2012
REGULAMENTO E RUTÓMETRO

Organiza: CLUB TRIATLON MAR DE VIGO
Federación Galega de Tríatlon e P.M.
Patrocina: Concello de Vigo
Colaboran: Rodosa / Begano Coca Cola / Protección Civil de Vigo / Que bici! / Deportes Marcial / Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia / Fundación Deporte Galego / Chapistería Angel Sampayo / Alimentación Paco Tielas / Comunidade de montes San Cristovo de Candeán / Comunidade de montes de Cabeiro / Pastelería Imperial / Concello de Vigo / Aguas Mondariz

Data: 5 de febreiro de 2012
Saída: 11:00 da mañá saída masculina e feminina no Parque Forestal do Vixiador de Candeán-Vigo Horarios: Recollida de dorsais: De 09:30 a 10:30 na liña de saída Control de material: Comezará as 10:00 a e finalizará estritamente ás 10:45
Reunión de Delegados: Ás 10:15 horas Distancias: 5.500 m.-20 Km.-2.750 m. INSCRICIÓNS:
Ata o martes 31 de Xaneiro

Limite de inscrición de 150 participantes, por orde de formalización (completada) da inscrición. Non se admitirán inscricións incompletas ou fóra de prazo. Todas serán confirmadas na web.
A inscrición realizarase on-line, a través da web da Federación Galega de Tríatlon www.fegatri.org, no apartado Competicións /Inscricións.
Prezo: 10 €

Federados .- Unha vez na carreira accederán cos códigos xa enviados a clubs e independentes, no apartado inscricións á dereita da mesma. A inscrición formalizarase co envío do xustificante de pagamento a nome do club (no caso de deportistas que pertenzan a club) ou deportista si é independente. (10 € ) na conta Banco Sabadell 0081 5223 16 0001338040
"Federados con licencia de otra comunidad deberán enviar el formulario de solicitud de invitación que pueden descargar de nuestra web con el justificante de abono de la inscripción y la federación cargará sus datos directamente (la descarga puede realizarse en el siguiente enlace) http://www.fegatri.org/images/fegatri/solciitude%20invitacion%20corredores%20outras%20comunidade.pdf "

Licencias 1 día: Unha vez que acceda á carreira, realizarase a introdución de tódolos datos no formulario de inscrición que se abre á dereita da carreira (inscricións de licenzas de 1 día). Formalizarase enviando (Copia do DNI e Xustificante de pagamento ó seu nome ) ó Fax 982109800 ou mail fegatri@hotmail.com (Custe licenza de 1 día de 12 €+ 10€ Inscrición ) total ingreso 22€

O pagamento farase no Nº de conta da Federación Galega de Tríatlon e P.M.: Banco Sabadell 0081 5223 16 0001338040
Unha vez pechado o prazo de inscrición estas non admiten modificación.

Categorías: Absoluta, Xunior e Veteráns, masculina e feminina.

Recollida de dorsais e información: No Parque Forestal do Vixiador de Candeán-Vigo e máis información en:
Teléfono 617090608 Lorena

Enderezo electrónico ctmardevigo@yahoo.es , blopslo@hotmail.com Premios: Entregaranse trofeos ós tres primeiros clasificados de cada categoría (m/f) e ós tres primeiros equipos clasificados tanto masculinos coma feminino.

Premios especiais: Tódolos deportistas recibirán ó remate da proba un agasallo e o avituallamento ó devolver os dorsais.
Regulamento: A proba rexerase polas normativas vixentes do Regulamento Oficial de Competición da Federación Galega de Tríatlon.

RUTÓMETRO

1ª carreira a pé 5.500 m. O 1º sector de carreira a pé consta dun treito sinalado convenientemente de 2.750 m, o que se da dúas voltas, que descorrerá polas pistas do Parque Forestal do Vixiador, será por terra con firme irregular nalgunhas zonas. Os primeiros rematarán este sector en 20 minutos e os últimos en 30 minutos, aproximadamente.

20 km BTT (tres voltas ó circuíto). O sector de ciclismo constará de TRES VOLTAS. A saída estará no parking da cantina do parque onde está situada a área de transición, para continuar dirección ó alto do Coto Rachán, xirase a esquerda para descender por camiños, pistas e sendeiros estreitos ata as proximidades da Pedra da Ferradura( ollo as cunetas polas que cruzamos e as trialeiras da última baixada).
O circuíto vira cara ó norte e atopámonos cun ascenso de pista ancha, logo de LLANEAR, chegamos a unha baixada rápida de pedra solta (atención) ó cruce dunha pista dende onde se ascende ata Coto Rachán por pistas forestal ancha pero irregular para descender por unha senda entre piñeiros moi rápida que nos leva ata o merendeiro do parque forestal.

Os primeiros rematarán este sector en 60 minutos e os últimos en 100 minutos aproximadamente. O percorrido é o 100% ciclable pero compre prestar atención nos puntos arriba sinalados.

2ª carreira a pé 2.750 m (unha volta ó circuíto).O terceiro sector de carreira a pé repite o percorrido do primeiro sector, pero en sentido contrario. Os primeiros completarán este sector en 11 minutos e os últimos en 18 minutos aproximadamente.
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://morrazoalternativo.forogaliciano.com
Godxel

avatar

Cantidade de envíos : 340
Fecha de inscripción : 06/04/2009
Edad : 46

EnvíoAsunto: Re: III DUATLÓN CROSS MÁMOA DE CANDEÁN VIGO (05.02.2012)   Ven Xan 20, 2012 10:10 am

Eu vou.
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
cincopuntas

avatar

Cantidade de envíos : 264
Fecha de inscripción : 06/04/2009
Edad : 43
Ubicación : moaña

EnvíoAsunto: Re: III DUATLÓN CROSS MÁMOA DE CANDEÁN VIGO (05.02.2012)   Ven Xan 20, 2012 11:16 am

si vai Pablo ...eu vou tamén....jejejeje
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
Godxel

avatar

Cantidade de envíos : 340
Fecha de inscripción : 06/04/2009
Edad : 46

EnvíoAsunto: Re: III DUATLÓN CROSS MÁMOA DE CANDEÁN VIGO (05.02.2012)   Ven Xan 20, 2012 11:21 am

Quén fala con Feli & Rosa para anotarnos?
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
cincopuntas

avatar

Cantidade de envíos : 264
Fecha de inscripción : 06/04/2009
Edad : 43
Ubicación : moaña

EnvíoAsunto: Re: III DUATLÓN CROSS MÁMOA DE CANDEÁN VIGO (05.02.2012)   Ven Xan 20, 2012 11:32 am

Tranquilo Brother....cando confirm asistencia Jul..envíolle o mail a Feli..

Un saúdo
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
cincopuntas

avatar

Cantidade de envíos : 264
Fecha de inscripción : 06/04/2009
Edad : 43
Ubicación : moaña

EnvíoAsunto: Re: III DUATLÓN CROSS MÁMOA DE CANDEÁN VIGO (05.02.2012)   Dom Xan 29, 2012 8:24 am

Estamos inscritos, tanto Julmountain como eu.

Un saúdo e a adestrar
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
pana



Cantidade de envíos : 13
Fecha de inscripción : 02/05/2011

EnvíoAsunto: Re: III DUATLÓN CROSS MÁMOA DE CANDEÁN VIGO (05.02.2012)   Dom Xan 29, 2012 9:54 pm

eu xa estou inscrito
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
Julmountain
Admin
avatar

Cantidade de envíos : 831
Fecha de inscripción : 06/04/2009
Edad : 49
Ubicación : Moana

EnvíoAsunto: Re: III DUATLÓN CROSS MÁMOA DE CANDEÁN VIGO (05.02.2012)   Dom Xan 29, 2012 10:22 pm

Eu aínda que estou apuntado non é de todo seguro que vaia. Dependerá da hora que me deite o sabado. O que si é seguro e que vou ir entrenar ao Vixiador ésta semana, seguramente o mercores pola mañan, para reconocer o circuito. Si a laguén lle apetece e pode, Moises, Pana, etc... que avise.
Xa dispoño dun track GPS:http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=2443305
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://morrazoalternativo.forogaliciano.com
Julmountain
Admin
avatar

Cantidade de envíos : 831
Fecha de inscripción : 06/04/2009
Edad : 49
Ubicación : Moana

EnvíoAsunto: Re: III DUATLÓN CROSS MÁMOA DE CANDEÁN VIGO (05.02.2012)   Lun Xan 30, 2012 1:12 am

Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://morrazoalternativo.forogaliciano.com
cincopuntas

avatar

Cantidade de envíos : 264
Fecha de inscripción : 06/04/2009
Edad : 43
Ubicación : moaña

EnvíoAsunto: Re: III DUATLÓN CROSS MÁMOA DE CANDEÁN VIGO (05.02.2012)   Lun Xan 30, 2012 3:46 am

Como?????' mecaghonomundo....hoxe a tarde fagho eu 18 km..e logho spininng....VErás !!!!

Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
Julmountain
Admin
avatar

Cantidade de envíos : 831
Fecha de inscripción : 06/04/2009
Edad : 49
Ubicación : Moana

EnvíoAsunto: Re: III DUATLÓN CROSS MÁMOA DE CANDEÁN VIGO (05.02.2012)   Xov Feb 02, 2012 2:15 am

Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://morrazoalternativo.forogaliciano.com
cincopuntas

avatar

Cantidade de envíos : 264
Fecha de inscripción : 06/04/2009
Edad : 43
Ubicación : moaña

EnvíoAsunto: Re: III DUATLÓN CROSS MÁMOA DE CANDEÁN VIGO (05.02.2012)   Xov Feb 02, 2012 3:04 am

Joder....como estás fiera!!!!!! A solución pasa por liarte o sábado pola noite jwjjejejeje...se non vasme machacar, esta semán adestrei floxo...
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
Julmountain
Admin
avatar

Cantidade de envíos : 831
Fecha de inscripción : 06/04/2009
Edad : 49
Ubicación : Moana

EnvíoAsunto: Re: III DUATLÓN CROSS MÁMOA DE CANDEÁN VIGO (05.02.2012)   Dom Feb 05, 2012 9:45 am

Gran carreira hoxe en Candean. Un ambiente impresionante de corredores e moito público. O circuito moi chulo polo bosque do monte Vixiador, pese a que o de bici tiña unhas rampas casi imposibles, solo ciclables para os mellores e a partir da segunda volta pusoxe duro coa chuva. En canto ao equipo, gran actuación con Tabo 2º na xeral e Lucas, Lino e Xabier nos postos de diante. Destacar tamén a grandisima carreira de Moises, que hoxe lle ganou a Carlos que non puido pasarlle na bici. Moi ben tamén os debutantes, Rios e o seu colega. Pola miña parte eu moi contento por rematar no grupo do final pero sempre a un ritmo, sufrindo e loitando contra un mesmo e sin arriesgar moito na bici... Pero cando pasas a meta merece a pena o esforzo e solo pensas o bonitas que son éstas carreiras. Mentras esperamos as fotos que seguro vai haber moitas poñemos a clasificación. Saudos

CLASIFICACIÓN:
http://www.fegatri.org/index.php?option=com_docman&task=doc_download&gid=247&Itemid=39
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://morrazoalternativo.forogaliciano.com
cincopuntas

avatar

Cantidade de envíos : 264
Fecha de inscripción : 06/04/2009
Edad : 43
Ubicación : moaña

EnvíoAsunto: Re: III DUATLÓN CROSS MÁMOA DE CANDEÁN VIGO (05.02.2012)   Dom Feb 05, 2012 10:28 am

Parabens a todolos corredores do equipo do Triatlon Morrazo....felicitar especialmente a JUlio pola súa honestidade na hora de redactar o acontecido....e moi agradecido cos seu compañeiros, o exemplo a seguir, sen dúbida nengunha e él mesmo...un exemplo en tódalas facetas,,, mañan espero poida colgalas fotos de todos e todas....

Un saúdo
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
marcos

avatar

Cantidade de envíos : 46
Fecha de inscripción : 26/06/2011
Edad : 42
Ubicación : meira

EnvíoAsunto: Re: III DUATLÓN CROSS MÁMOA DE CANDEÁN VIGO (05.02.2012)   Dom Feb 05, 2012 8:05 pm

Hay que repetir gustoume moito o circuito moi chulo a terceira volta da bici estaba moi peligrosa e na parte final moitos calambres .
Voa cronica Julio
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
Tronkiño

avatar

Cantidade de envíos : 9
Fecha de inscripción : 29/12/2011

EnvíoAsunto: Re: III DUATLÓN CROSS MÁMOA DE CANDEÁN VIGO (05.02.2012)   Lun Feb 06, 2012 1:11 pm

Hola a todos e a miña enhoraboa!Son novato neste foro ainda que moitos de vos me coñecedes ,xa vos daredes conta.
Coincido en todo con Julio.Para min competistes todos a un nivel moi bo dando o mellor de vosque é o mais importante para min, independentemente do resultado que se acade .
Coma experiencia persoal esta era a miña primeira participación nun ducross e teño que decir que deportivamente foi
desastrosa por non decir o seguinte.Mostra foi que cando cheguei o avituallamento do final ,xa non quedaba torta ,cousa que non me importou porque de tortas xa viña farto da bici.
Coma experiencia persoal teño que decir que foi moi positiba.Aprendin que por dar unhas voltas no monte dos remedios cunha montainbike non e suficiente para medirse con xente que sae o monte todas as semans ou que levan anos sendo
bikers (cuando seas grande comeras huevos).
Vemonos en vindeiras ocasións .Como di a nosa amiga Saleta Castro"Caerse está permitido,levantarse es una obligación"
Un saudo a todos.
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
cincopuntas

avatar

Cantidade de envíos : 264
Fecha de inscripción : 06/04/2009
Edad : 43
Ubicación : moaña

EnvíoAsunto: Re: III DUATLÓN CROSS MÁMOA DE CANDEÁN VIGO (05.02.2012)   Lun Feb 06, 2012 10:11 pm

Ola Tronkito, tesme en vilo a saber a túa identidade jajajaaja....en todo caso, e lendo o que escribes, xa se pode apreciar que eres moi bo rapassss... Ánimo, e moi divertido e ainda por enriba senta ben a saúde.
Unha aperta
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
Xandro

avatar

Cantidade de envíos : 937
Fecha de inscripción : 01/02/2010
Edad : 41
Ubicación : República Independiente de Sabaceda

EnvíoAsunto: Re: III DUATLÓN CROSS MÁMOA DE CANDEÁN VIGO (05.02.2012)   Mar Feb 07, 2012 4:59 am

Aver nenos quien va a venir a la Vigo/Morrazo Question

Lo digo aquí porque allí en su propio post no decís ni que sí ni que nó Rolling Eyes
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
Tronkiño

avatar

Cantidade de envíos : 9
Fecha de inscripción : 29/12/2011

EnvíoAsunto: Re: III DUATLÓN CROSS MÁMOA DE CANDEÁN VIGO (05.02.2012)   Mar Feb 07, 2012 11:43 am

Hola Moi!Non pretendia ser misterioso ,son Rober.So dixen aquilo porque a maioria me coñecen de vista e non polo
meu nome.Un saudiño a todos e a darlle duro!(¿Alguen me pode explicar como podo engadir unha foto o meu perfil?)
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
marcos

avatar

Cantidade de envíos : 46
Fecha de inscripción : 26/06/2011
Edad : 42
Ubicación : meira

EnvíoAsunto: Re: III DUATLÓN CROSS MÁMOA DE CANDEÁN VIGO (05.02.2012)   Mar Feb 07, 2012 7:49 pm

Tronkiño tes que ir a o teu perfil e donde pon avatar pinchas e subes a foto
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
cincopuntas

avatar

Cantidade de envíos : 264
Fecha de inscripción : 06/04/2009
Edad : 43
Ubicación : moaña

EnvíoAsunto: Re: III DUATLÓN CROSS MÁMOA DE CANDEÁN VIGO (05.02.2012)   Mar Feb 07, 2012 10:23 pm

Ola Rober....tiñasme descentrado co seudónimo...

jajaajaja....xa falaremos
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
Tronkiño

avatar

Cantidade de envíos : 9
Fecha de inscripción : 29/12/2011

EnvíoAsunto: Re: III DUATLÓN CROSS MÁMOA DE CANDEÁN VIGO (05.02.2012)   Mer Feb 08, 2012 9:32 am

Graziñas Marcos.Esta é a miña homenaxe a Simoncelli afro
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
marcos

avatar

Cantidade de envíos : 46
Fecha de inscripción : 26/06/2011
Edad : 42
Ubicación : meira

EnvíoAsunto: Re: III DUATLÓN CROSS MÁMOA DE CANDEÁN VIGO (05.02.2012)   Mer Feb 08, 2012 8:11 pm

Forza Pipo
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
Contenido patrocinado




EnvíoAsunto: Re: III DUATLÓN CROSS MÁMOA DE CANDEÁN VIGO (05.02.2012)   

Volver arriba Ir abajo
 
III DUATLÓN CROSS MÁMOA DE CANDEÁN VIGO (05.02.2012)
Volver arriba 
Páxina 1 de 1

Permisos de este foro:Non pode responder a temas neste foro
 :: Triatlón no Morrazo-
Cambiar a: