ÍndiceÍndice  CalendarioCalendario  FAQFAQ  BuscarBuscar  MembrosMembros  Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios  RexistrarseRexistrarse  Login  

Comparte | 
 

 X DUATLÓN CIDADE DE SANTIAGO (14.04.2011)

Ir abajo 
AutorMensaxe
Julmountain
Admin
Julmountain

Cantidade de envíos : 831
Fecha de inscripción : 06/04/2009
Edad : 49
Ubicación : Moana

EnvíoAsunto: X DUATLÓN CIDADE DE SANTIAGO (14.04.2011)   Mar Abr 03, 2012 2:09 am




X DUATLÓN CIDADE DE SANTIAGO
(3ª proba puntuable para o circuíto galego de duatlón - Cto. Galego 2012)

Organiza: Triatlón Arcade Inforhouse Santiago e Federación Galega de Triatlón e P.M.
Patrocina: Concello de Santiago
Arcade Consultores e Inforhouse

Colaboran: Secretaría Xeral para o Deporte
Fundación Deporte Galego
Deputación da Coruña
CocaCola
Protección Civil
Policía Local
Bicicletas Oliveira
Motoclub Compostela
Frutas Nano

Data: Sábado, 14 de Abril
Horarios:
15:00: Entrega de Dorsais
15:30-16:20: Control de Material
16:30: Saída Femenina
16:40: Saída Masculina A
18:15: Saída Masculina B (con corte de 56´ao remate do sector ciclista)
19:45: Entrega de Trofeos
Lugar: Estadio de San Lázaro e inmediacións.
Distancias: Sprint: 5Km. carreira a pe - 20Km. bicicleta - 2.5Km. carreira a pe
Saída, boxes e meta: Estadio de San Lázaro, porta nº1.
Lugar: Estadio de San Lázaro e inmediacións.
Premios:
• Trofeo para os tres primeiros clasificados de cada categoría e sexo.
• Premios económicos:
- 1º masculino e feminina individual: 150 €
- 2º masculino e feminina individual: 100 €
- 3º masculino e feminina individual: 75 €
- 1º clube masculino e feminino: 100 €

Ao importe do premio individual practicaráselle unha retención do 15% en concepto de I.R.P.F. O pago será mediante ingreso na conta bancaria.

Inscricións:
A inscrición realizarase on-line, a través da web da Federación Galega de Tríatlon www.fegatri.org, no apartado Competicións /Inscricións ata o martes 10 de abril.

Federados Galegos.-
Unha vez na carreira accederán cos códigos xa enviados a clubs e independentes no apartado inscricións á dereita da mesma.

A inscrición formalízase enviando o xustificante de pagamento a nome do club por fax 982109800 ou mail fegatri@hotmail.com.

"Federados con licencia de otra comunidad que no hayan abonado la inscripción de participación en los circuítos, deberán enviar el formulario de solicitud de invitación que pueden descargar de nuestra web a continuación indicamos el enlace http://www.fegatri.org/images/fegatri/solciitude%20invitacion%20corredores%20outras%20comunidade.pdf "
Una vez que la Federación autoriza la participación el deportista procederá a la formalización de la inscripción enviando el justificante del ingreso de la cuota por fax 982109800 o mail fegatri@hotmail.com

Prezo 16 €.- Cadetes gratuíta

O pagamento farase no Nº de conta da Federación Galega de Tríatlon e P.M.:
Banco Sabadell 0081 5223 16 0001338040

Unha vez pechado o prazo de inscrición estas non admiten modificacións
Regulamento: A proba rexerase segundo as normativas vixentes do Regulamento Oficial de Competición da Federación Galega de Tríatlon.
Información: No mail club@triatlonarcadeinforhouse.com, na páxina web www.triatlonarcadeinforhouse.com. Tfno.: 681211471
Na páxina web do club, estarán colgados os planos da proba, igualmente despois da proba estarán colgadas as clasificacións e fotos.


PERCORRIDOS
SAÍDA, META E BOXES: Estarán situados nas inmediacións do Estadio según mapa adxunto. Concretamente a zona cero da proba onde estarán as inscricións, gardarroupa, vestiarios, servicios… será diante da porta nº1 (Tribuna) do Estadio.

PRIMEIRO SEGMENTO, 5 KM DE CARREIRA A PÉ: Consistirá nun circuito de 2.5 km ó que se lle darán dúas voltas, o circuito é o mesmo das edicións anteriores e transcurre polo aparcamento do Estadio.

SEGUNDO SEGMENTO, 20 KM DE CICLISMO: Trátase dun circuíto de ida e volta de 6.6 km ó que se lle dan tres voltas, tamén é o mesmo percorrido das sete edicións anteriores que discurre pola estrada entre o Estadio de San Lázaro e o alto do Monte do Gozo. Presenta un desnivel importante cunha ascensión de 2,5 km en cada volta cunha rampa de máis de 500 metros ao 10% de desnivel.

TERCEIRO SEGMENTO, 2,5 KM A PÉ: Daráselle unha soa volta ó mesmo circuíto empregado no primeiro segmento.















RUTÓMETRO

SAÍDA FEMINA: Ás 16:30 horas. O Primeiro Sector é de 5 km(2 voltas), a primeira corredora empregará 18 minutos e a derradeira corredora 24 minutos. O segundo sector son 20 km. (3 voltas), as primeiras corredoras empregarán 41 minutos rematándoo ás 17:29 e as derradeiras uns 55 minutos rematando ás 17:49. O terceiro sector son 2,5 km(1 volta) na que a cabeza de carreira empregará 09 minutos entrando en meta ás 17:38, e a fin de carreira empregará 13 minutos entrando en meta a derradeira clasificada ás 18:02.


SAÍDA MASCULINA A: Ás 16:40 horas. O Primeiro Sector é de 5 km(2 voltas), O primeiro corredor empregará 15 minutos e o derradeiro corredor 24 minutos. O segundo sector son 20 km.(3 voltas), os primeiros corredores empregarán 36 minutos rematándoo ás 17:31 e os derradeiros uns 55 minutos rematando ás 17:59. O terceiro sector son 2,5 km(1 volta) na que a cabeza de carreira empregará 07 minutos entrando en meta ás 17:38, e a fin de carreira empregará 15 minutos entrando en meta o derradeiro clasificado ás 18:14.


SAÍDA MASCULINA B: Ás 18:15 horas. O Primeiro Sector é de 5 km(2 voltas), O primeiro corredor empregará 14 minutos e o derradeiro corredor 19 minutos. O segundo sector son 20 km. (3 voltas), os primeiros corredores empregarán 31 minutos rematándoo ás 19:00 e os derradeiros uns 43 minutos rematando ás 19:17. O terceiro sector son 2,5 km(1 volta) na que a cabeza de carreira empregará 07 minutos entrando en meta ás 19:07, e a fin de carreira empregará 11 minutos entrando en meta o derradeiro clasificado ás 19:28.








CIRCUITOS







Última edición por Julmountain o Mar Abr 03, 2012 10:53 am; editado 1 vez
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://morrazoalternativo.forogaliciano.com
Julmountain
Admin
Julmountain

Cantidade de envíos : 831
Fecha de inscripción : 06/04/2009
Edad : 49
Ubicación : Moana

EnvíoAsunto: Re: X DUATLÓN CIDADE DE SANTIAGO (14.04.2011)   Mar Abr 03, 2012 2:11 am

Trainning today for Santiago:

Running 3km a 4:17
Bike: 15km a 30 km/h
Running 1 Km a 4:30

http://www.trainingpeaks.com/sw/H7NZ5SFJ7OBEUFHPOHEVM6NLPY
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://morrazoalternativo.forogaliciano.com
cincopuntas

cincopuntas

Cantidade de envíos : 264
Fecha de inscripción : 06/04/2009
Edad : 43
Ubicación : moaña

EnvíoAsunto: Re: X DUATLÓN CIDADE DE SANTIAGO (14.04.2011)   Mer Abr 04, 2012 9:33 am

Bueno compañeiros....empezo pouco a pouco a recuperar o tono deportivo!!! farei un test este fin de semán, se todo sae ben, espero poder ir a Santiago e polo menos tentar rematar o duatlon.

Xa veremos..un saúdo
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
cincopuntas

cincopuntas

Cantidade de envíos : 264
Fecha de inscripción : 06/04/2009
Edad : 43
Ubicación : moaña

EnvíoAsunto: Re: X DUATLÓN CIDADE DE SANTIAGO (14.04.2011)   Ven Abr 13, 2012 8:51 pm

gooooooooooooooo!!!!!!!!!!!
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
Julmountain
Admin
Julmountain

Cantidade de envíos : 831
Fecha de inscripción : 06/04/2009
Edad : 49
Ubicación : Moana

EnvíoAsunto: Clasificación Duatlón Santiago   Dom Abr 15, 2012 7:17 pm

Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://morrazoalternativo.forogaliciano.com
Contenido patrocinado




EnvíoAsunto: Re: X DUATLÓN CIDADE DE SANTIAGO (14.04.2011)   

Volver arriba Ir abajo
 
X DUATLÓN CIDADE DE SANTIAGO (14.04.2011)
Volver arriba 
Páxina 1 de 1

Permisos de este foro:Non pode responder a temas neste foro
 :: Triatlón no Morrazo-
Cambiar a: